Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

4 de abril de 2011

INTERCAMBIAMOS CONTACONTOS

Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil, cada curso preparou unha sesión de contacontos para representar noutra aula. Deste xeito, todo o alumnado recitou unha historia e escoitou outra.
Para rematar o intercambio de contos, agasallamos aos nosos visitantes o marcapáxinas que coloreamos durante esta semana.

No hay comentarios: