Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

29 de xaneiro de 2014

OS BONECOS FALAN GALEGO

Hoxe asistimos a un encontro didáctico co grupo de Títeres Tanxarina, uns titiriteiros de Redondela
que engancharon ao seu auditorio dende o comezo da función. E iso que"Os bonecos de Tanxarina falan galego” non é unha función convenciona; Tatán, Andrés e Miguel amosáronnos o interior dos seus monicreques e fixeron pequenas mostras representativas da súa historia titiriteira. Agora xa sabemos todos os seus segredos... ou polo menos algúns deles.

Ningún comentario: