Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

14 de outubro de 2024

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CURSO 2024/2025

 O próximo xoves 24 de outubro, Día das Bibliotecas, inauguramos a nosa Biblioteca.

Estamos a preparar a Ventá da Biblioteca e decorando o Centro co tema do PDI deste curso: OS XOGOS TRADICIONAIS.

As novas e os novos axudantes de Biblioteca xa fixeron a súa formación e asinaron os contratos. Xa están a traballar na Biblioteca preparando a Inauguración e deixando todo preparado para ese gran día.

Moitas grazas a todas e todos eles. Grazas tamén ás familias polas súas aportacións para a decoración do cole.

SAÚDOS DE MATILDA!




7 de xuño de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2024

                                                 EDUCACIÓN  INFANTIL








                          1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA






                         2º CICLO  EDUCACIÓN  PRIMARIA








                           3º CICLO  EDUCACIÓN  PRIMARIA








3 de decembro de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 1º TRIMESTRE


"Pareados con moito ritmo para descubrir os animais da granxa, os xoguetes, que se esconde nos bosques, os segredos do ceo, os animais salvaxes, os deportes  e as profesións.
 Novos coñecementos con respostas a cada pregunta curiosa sobre a Terra, o espacio, xeografía, flora, fauna ou o corpo humano...
Atlas Superpreguntones é ideal para introducirse no coñecemento da xeografía, a través dun percorrido polos continentes.
NOVA COLECCIÓN coas aventuras e as investigacións de Sherlock Holmes.

 Para os máis pequenos.Un lobo moi peculiar...

NOVIDADES LECTORAS NOVEMBRO 2023

 


NOVIDADES LECTORAS DECEMBRO 2023


 

NOVIDADES LECTORAS OUTUBRO 2023


 

50 ANOS DE LECTURAS

 

A ventá da Biblioteca representa estes 50 anos que celebramos este curso. Nela podemos facer un percorrido temporal desde aquel ano 1973 no que se inaugurou o cole ata este ano 2023.


BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2023/2024

 

Benvidas e benvidos ao curso 2023/2024, no que celebramos o 50 aniversario do cole.Por iso o Proxecto deste curso será O NOSO COLE CUMPRE 50 ANOS.

50 ANOS DE LECTURAS será o noso lema e esperamos celebralo por todo o alto.


10 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023

Xa chegou o Entroido. Aquí vos deixamos os mandados do Meco deste ano!! 



21 de decembro de 2022

POSTAIS DE NADAL

 CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL 2.022

 

Coma todos os anos levamos a cabo o concurso de postais de Nadal, no que resultaron gañadoras as seguintes:

Categoría 1: SARA DURÁN- 4º EDUCACIÓN INFANTIL.

Categoría 2:SARA FIGUEROA. 3º A EDUCACIÓN PRIMARIA.

Categoría 3: HUGO MARTÍNEZ. 4º A EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

Noraboa a todas e todos os que participáchedes.

                                               POSTAL DE HUGO MARTÍNEZ.


                                              POSTAL DE SARA FIGUEROA



                                               POSTAL DE SARA DURÁN.

29 de novembro de 2022

16 de novembro de 2022

NOVIDADES LECTORAS. NOVEMBRO 2022.

 EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA


2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA



3º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA




8 de novembro de 2022

Samaín 2022

 Este ano celebramos o Samaín xunto coas nosas mascotas. Mirade que terroríficas quedaron!



6 de novembro de 2022

ENTRADA BIBLIOTECA

 Nova entrada á Biblioteca desde o exterior do edificio escolar.


VENTÁ DA BIBLIOTECA

A decoración da ventá da Biblioteca e dos corredores do centro rematou grazas á colaboración de todos os niveis desde 4º de Educación Infantil ata 6º de  Educación Primaria.

Tamén destacar a colaboración das familias, que como todos os anos participan coa entrega de manualidades relativas ao Proxecto e o seu lema.

Grazas a todas e todos.









31 de outubro de 2022

NOVIDADES OUTUBRO 2022


 

CONTACONTOS OUTUBRO

 MÉRCORES 26 DE OUTUBRO: VIOLETA QUERE SER VAMPIRO.

NA HORA DO RECREO A CARGO DAS ALUMNAS DE 6º : MIA L, DANIELA G e LUCÍA G.

 

 VENRES 28 DE OUTUBRO: OS ESQUELETOS DIVERTIDOS.

NA HORA DO RECREO A CARGO DAS ALUMNAS DE 6º:  ALOIA F, ANA L, SARA D e SARA C.



INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

 DATA: 24 DE OUTUBRO DE 2022.

ENTREGA DE MOCHILAS VIAXEIRAS.

ENTREGA DE CARNÉS AO NOVO ALUMNADO.

NOVIDADES LECTORAS MES DE OUTUBRO.

COMEZO DO EMPRÉSTITO NA HORA RESERVADA  POR CADA CURSO.

COMEZO DE ACTIVIDADES NOS RECREOS: CONTACONTOS,XADREZ,XOGOS,LECTURAS.

APERTURA TARDES DE 16:30 A 18:30.




BENVIDOS AO CURSO 2022/2023

 O Outeiro de Matilda abre as portas nun novo curso escolar.

Este curso o noso PDI será AS MASCOTAS. 

O noso lema será: " A MELLOR ELECCIÓN: MASCOTAS E LECTURA, UN MONTÓN".


15 de marzo de 2022

ERNESTINA OTERO

No mes do día da Muller Traballadora o alumnado de 4º tivo a oportunidade de coñecer a historia da pedagoga redondelá Ernestina Otero a través dun contactontos ilustrado. Aquí vos deixamos algunha imaxe de cómo se implicou o alumnado nesta actividade.

8 de marzo de 2022

8 DE MARZO

Para celebrar este 8 de marzo, fixemos unha manifestación na que participou todo o alumnado. Para ver algunhas fotos deste día, preme na imaxe.

23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA 2022

 Os equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizamos unhas xornadas de actividades sobre a figura de Rosalía de Castro.

Cada curso preparou un mural con palabras,frases e poemas de Rosalía, formando unha flor con pétalos saíndo da súa imaxe.

No día de Rosalía, 23 de febreiro, repartimos entre o alumnado de todos os cursos uns 260 pensamentos, a flor preferida da poetisa, cunha estrofa dun dos seus poemas.