No mes do día da Muller Traballadora o alumnado de 4º tivo a oportunidade de coñecer a historia da pedagoga redondelá Ernestina Otero a través dun contactontos ilustrado. Aquí vos deixamos algunha imaxe de cómo se implicou o alumnado nesta actividade.
15 de marzo de 2022
8 de marzo de 2022
8 DE MARZO
Para celebrar este 8 de marzo, fixemos unha manifestación na que participou todo o alumnado. Para ver algunhas fotos deste día, preme na imaxe.
23 de febrero de 2022
DÍA DE ROSALÍA 2022
Os equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizamos unhas xornadas de actividades sobre a figura de Rosalía de Castro.
Cada curso preparou un mural con palabras,frases e poemas de Rosalía, formando unha flor con pétalos saíndo da súa imaxe.
No día de Rosalía, 23 de febreiro, repartimos entre o alumnado de todos os cursos uns 260 pensamentos, a flor preferida da poetisa, cunha estrofa dun dos seus poemas.
17 de febrero de 2022
31 de enero de 2022
Día Escolar da Non Violencia e da Paz 2022
A ÁRBORE DA AMIZADE
A amizade hai que coidala día a día, regala coma unha planta. E iso conséguese coa empatía, co cariño, co repecto e coa confianza mutua.
XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES!!
Preme na imaxe para ver a actividade na que participou todo o alumnado do centro.
18 de enero de 2022
21 de diciembre de 2021
POSTAIS DIXITAIS NADAL 2021
Postais gañadoras:
1ª categoría: Educación Infantil:
Lucía Areal de 5º B EI.
2ª categoría: 1º,2º e 3º EP
Dani Ivanov de 1º A EP.
3ª categoría: 4º,5º E 6º EP:
Manuel Anxo Louro de 5º B EP.
Logo do cole
Xa temos logo do cole coa temática do PDI, "O cine". Aquí vos amosamos ao deseño gañador, feito por Sara Pérez Táboas de 6º A.
19 de diciembre de 2021
A ÁRBORE DOS VAGALUMES
Xulia María Barros, autora de Cesantes mantivo unha charla co alumnado de 5º e 6º de Primaria para falar sobre o seu libro A árbore dos vagalumes.
17 de noviembre de 2021
Matemaxia. Día da ciencia en galego
Esta mañá o alumnado de 6º participou nunha actividade didáctica co Mago Paco titulado “Matemaxia”.
Neste obradoiro, O Mago Paco mesturou dúas disciplinas, as matemáticas e a maxia, de forma práctica, dinámica e moi entretida, facendo ao alumnado partícipe, cómplice e protagonistas de cada experiencia.
10 de noviembre de 2021
Samaín 2021
Para celebrar este Samaín tamén se convidou ao alumnado a facer acrósticos e debuxos arrepiantes.
