Os equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística organizamos unhas xornadas de actividades sobre a figura de Rosalía de Castro.
Cada curso preparou un mural con palabras,frases e poemas de Rosalía, formando unha flor con pétalos saíndo da súa imaxe.
No día de Rosalía, 23 de febreiro, repartimos entre o alumnado de todos os cursos uns 260 pensamentos, a flor preferida da poetisa, cunha estrofa dun dos seus poemas.