Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

20 de septiembre de 2011

INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS

Os instrumentos musicais na tradición galega”, é un web que, tal e como afirma o seu autor, Pablo Carpintero,  contén información de distinta índole sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos. Nela poderás achar unha descrición detallada de cada instrumento musical, os seus nomes tradicionais, a súa historia e tamén información sobre quen, cando, como e onde se tocaba, entre outras cousas. Tamén poderás ver fotografías e deseños dos instrumentos, realizados por Ramón Marín, así como un vídeo onde poderás ver como se toca e como soa cada instrumento musical.

Vinchas, cantagalos, ferreñas, rabel, rin-ran, chirimías ou palletas, comparten espazo con outros máis coñecidos como pandeiros, castañolas, gaitas e zanfoñas.

Aloxado no portal do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, esta páxina é un recurso de grande utilidade na educación.

Dende aquí tamén poderás aceder ao Proxecto Ronsel, que ten como guía a desenvolver en cinco anos,  a realización do inventario, a salvagarda e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia.



No hay comentarios: