Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

19 de mayo de 2020

DERRADEIRA ENTRADA DAS LETRAS GALEGAS 2020.

Rematamos as actividades das LETRAS GALEGAS de este ano 2020 co PREGUNTORIO adicado a RICARDO CARVALHO CALERO.









GOZADE DO VOSO TRABALLO!!!

17 de mayo de 2020

LETRAS COMPARTIDAS

LETRAS COMPARTIDAS

Este ano a residencia de maiores de Redondela Amaina e saúde e o cole levamos a cabo 
actividades compartidas para conmemorar o días das nosas letras, e eiquí tedes o resultado:
 UNHA GRAN EXPERIENCIA SEN DÚBIDA! QUE GOZADES DOS VÍDEOS E FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!

CÓNTANNOS UN CONTO!!!! 
 "UN BECHO ESTRAÑO":



 ATREVÉDESVOS A ENCONTRAR OS GAZAPOS, NESTE FERMOSO VÍDEO?
 A POESÍA DAS LETRAS:
 CONTAN CONTOS


                                          FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020!


14 de mayo de 2020

XOGOS LETRAS GALEGAS II

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS : XOGOS INTERACTIVOS II

A entrada que achegamos hoxe é moi especial. E, é moi especial, porque contamos coa colaboración de dúas profes que estiveron no cole, a profe Lucía e a profe Coloma, e elas cédennos dous xogos da súa propia elaboración para que todos gocedes xogando e aprendendo de Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado nas Letras Galegas de este 2020 tan atípico.
Supoño que a moitos de vós os fará especial ilusión, 😊, como vedes non se olvidan de vós e do cole 😍.

Premede nos enlaces que aparecen a continuación e a XOGAR!!!!!
 
 

 


 
 
 
 
 
 

13 de mayo de 2020

XOGOS LETRAS GALEGAS I

NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS SEGUIMOS A  DESCUBRIR  A VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO
VÓS ATREVEDES A XOGAR?

A PRIMEIRA PROPOSTA VEN DA RAG E A SÚA PRIMAVERA DAS LETRAS ADICADA A RICARDO CARVALHO CALERO, premede no enlace para xogar.
http://www.primaveradasletras.gal/category/outros-materiais/interactivos

A SEGUNDA PROPOSTA É UN XOGO INTERACTIVO TITULADO: "O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO", para xogar premede no enlace que aparece a continuacón:

E, A TERCEIRA PROPOSTA DE HOXE É OUTRO XOGO INTERACTIVO que versa sobre un relato breve de Ricardo Carvalho Calero "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", para poder xogar premede no enlace:
 QUE GOCEDES XOGANDO!!!

11 de mayo de 2020

PROXECTO CARAMOMIA

ANIMÁDESVOS A SER ESCRITORAS E ESCRITORES DE CONFINAMENTO??? LEDE A INFORMACIÓN E SEGUIDE ESTÁ APAIXONANTE HISTORIA ONDE VOS PODEDES CONVERTIR EN COLABORADORES DA OBRA!!!,
Información do proxecto CARAMOMIA: 
Ledicia Costas xunto con outros tres autores (@lado_maria, @hematocrito, @srlandesa) lanzan un proxecto compartido nas redes, co apoio da Deputación de Pontevedra.  CARAMOMIA é unha historia pensada para o público infantil que irán pendurando en instagram, no perfil: https://www.instagram.com/caramomia/.
Como é o proceso de publicación da historia?
Pendudarán catro capítulos cada semana: os luns, mércores, venres e sábados durante 6 semanas. A partir da segunda semana darán a opción de que o público, as nenas e os nenos, decida cousas importantes da trama. Deste xeito, estaremos ante unha novela escrita a 8 mans e onde o lectorado pode interactuar tomando decisións na historia. Mediante un sistema de enquisas. Vaia: que decidira a maioría.
Ademais de ser unha novela negra onde os personaxes terán que emprender unha investigación arredor dun roubo no museo da cidade, este proxecto está concebido coma un xogo, un experimento colaborativo para que estas semanas de confinamento sexan máis levadeiras.

XA TEDES O CAPÍTULO 1 PUBLICADO, QUEREDES COÑECER O MISTERIO QUE SE NARRA????, QUEREDES COLABORAR NO ACONTECER DA HISTORIA???, POIS ADIANTE ESCRITORAS E ESCRITORES DE CONFINAMENTO!!!!!






















6 de mayo de 2020

O PAPAGAIO

DESCARGAR https://drive.google.com/file/d/1mRGiyiYa65Mnd0xvPWm69xSWLlyH1asj/view?usp=sharing


 Arrancamos o mes das Letras Galegas coa fase 0 da desescalada pero O Papagaio, polo de agora, seguirá voando ate ás vosas bibliotecas en formato dixital para facilitarvos así a súa difusión.

Dende O Papagaio queremos tamén enviarvos unha mensaxe de ánimo e forza diante deste incerto camiño que nos ten que levar dende o illamento ate a "nova normalidade".

29 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

 DÍA DO LIBRO 2020.

 FICA NA CASA LENDO.





23 de abril de 2020

CONTOS DÍA DO LIBRO 2020

Selección de contos para a lectura destes días.

DESCARGARhttps://drive.google.com/file/d/1pH23gaXYaZLSDw7IyjgD3jgGoZOZlM62/view?usp=sharing

CONTOS

DÍA DO LIBRO 2020

AÍ TEDES UNHA SERIE DE CONTOS PARA QUE VOS ENTRETEÑADES NESTES DÍAS.

 SAÚDOS.


DESCARGAR https://drive.google.com/file/d/1JpfPoW3BX-L-n1FE-B6BDXB6k8eb2iXL/view?usp=sharing

17 de abril de 2020

O PAPAGAIO


 O Papagaio estaba desexando saír voando ate as vosas casas e bibliotecas para achegarvos todo o que preparou para o número de Abril pero parece que imos ter que ficar na casa algúns días máis así que vos envía unha versión dixital deste número en formato PDF para que poidades descargala e desfrutala na casa.

Clica no enlace de abaixo e disfruta da revista O Papagaio .





 DESCARGAR https://drive.google.com/file/d/14TjhHl14kbbxh108FEk5EV3kk-AT9f9-/view?usp=sharing

19 de noviembre de 2019

MAGIC BIBLIO

Co título de Magic Biblio, @s axudantes da biblio , Ahinoa, Iria, Javi, Laura e María representaron no teatrillo de guiñol un programa de televisión para facer chegar aos compañeiros as normas da biblioteca.

28 de octubre de 2019

ENTREGA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Tras a inauguración da Biblioteca fíxose entrega das Mochilas Viaxeiras,que este ano foron renovadas por completo.

24 de octubre de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Este xoves 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas, unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.

No noso cole inauguramos a Biblioteca coa visita dos diferentes cursos. As  encargadas da Biblioteca presentaron as novidades para este curso e entregáronse os carnés ao novo alumnado.
Para rematar tod@s recibiron un doce agasallo.


10 de octubre de 2019

SINATURA AXUDANTES BILIOTECA 2019/2020

As novas e novos axudantes de Biblioteca asinaron os seus contratos para o presente curso escolar.
 Aroa Rodríguez,Eire,María Bouzón,Claudia,Marta Romero,María Collazo,Ahinoa Couñago,Javi,Iria,Laura,Marta Táboas,Noa,Leo,Iago,Anxo,Lucas,Ainhoa Bras,Ezequiel,Ainhoa Fdez,Mateo,Brais,Nico e Aroa Barros(ausente).
Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

7 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano as letras galegas están dedicadas a Antón Fraguas Fraguas e dende o Seminario Galán elaboran un material didáctico en liña que traballa a figura do autor, aquí tedes a ligazón para xogar e aprender sobre el.



Tamén desde a Real Academia da Lingua Galega (RAG) propoñen unha serie de actividades para traballar tanto en liña como en papel sobre a figura de Antón, aquí deixámosvos a ligazón.




GOZADE A AVENTURA!!!



6 de mayo de 2019

PRIMAVERA NO OUTEIRO

Para celebrar a chegada da Primavera escollemos a nosa palabra máis fermosa da lingua galega por aulas e escribímola nunhas flores de papel.


14 de marzo de 2019

ACTIVIDADES ANIVERSARIO ROSALÍA DE CASTRO II


CONTACONTOS DE ROSALÍA DE CASTRO REALIZADO POLO CORREO DO VENTO.

O día 13 de febreiro, tivemos na biblioteca da escola, este contacontos ofertado polo servizo de normalización lingüística do Concello de Redondela, ao cal,  asistiron os alumnos e as alumnas de Educación Infantil.




12 de marzo de 2019

ACTIVIDADES ANIVERSARIO ROSALÍA DE CASTRO

Na semana do 25 ao 28 de febreiro realizamos diversas actividades para festexar o aniversario de Rosalía.
MURAL DE ROSALÍA DE CASTRO
Entre todas as aulas do colexio elaborouse un mural con poemas dela.


GRAVACIÓN DOS POEMAS SELECCIONADOS POLAS AULAS

EDUCACIÓN INFANTIL 


EDUCACIÓN PRIMARIA


MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO POLA COLABORACIÓN! 

6 de marzo de 2019

ENTROIDO CON MATILDA

A semana pasada Matilda estivo moi festiva e ordenou as prendas a traer para celebrar o Entroido ao longo dos días (de martes a xoves).






25 de febrero de 2019

FRASES POLA PAZ


Este curso cada clase escribiu unha frase explicando que significaba a paz para elas e eles e que desexo de paz querían. Son as nosas pegadas pola paz, cada paso que subimos fainos lembrar que podemos facer para tela.


                                                                                                                         
                              

24 de febrero de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Os días previos a conmemoración do día escolar pola Paz, o equipo de biblioteca máis o de dinamización lingüística fixemos unha selección de libros que versan sobre esa temática para quen quixese os puidese ler, creando o "recuncho da paz".


A ÁRBORE DOS DESEXOS


Dende o comezo do inverno, temos a nosa árbore dos desexos. Onde todas as clases escribiron o seu desexo para este ano 2019.