Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

16 de marzo de 2017

Día de Rosalía de Castro

Para conmemorar o "Día de Rosalía de Castro " organizamos dous obradoiros na biblioteca. Nun deles os nenos e nenas fixeron unha medalla de Rosalía e noutro uns quebracabezas con dous poemas da autora: " Adios ríos, adios fontes" e " Na lengua que eu falo".






28 de abril de 2016

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

O alumnado de 3º e 4º curso de Primaria tivo este mércores un fantástico encontro con Fran Alonso, que ten un gato poeta e sabe moito de poesía. Por iso nos contou que a poesía é como un globo...ten catro patas...e moitas cousas máis.Unha conversa moi poética que fixo as delicias do alumnado e do profesorado.
Moitísimas grazas por este paseo polas rúas de mermelada.

27 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA: OS VIDEOS

Tal e como vos avanzamos, temos algúns videos dos recitais de poesía que se espallaron polo cole durante esta semana.
Podedes ver o video do alumando de Educación Infantil de 3 e 5 anos e e 6º A de Primaria. Agardo que vos gusten.

26 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA

Durante toda a semana pasada estivemos centrados en traballar textos poéticos e fumos descubrindo unha chea de poesía novas moi divertidas. O colofón final deste traballo foi un intercambio de poesías entre os diferentes curso. Polo de agora amosámosvos as fotos desta xornada pero moi pronto teredes tamén algún video. 

10 de outubro de 2013

PREMIO Á POESÍA GALEGA

Manuel Álvarez Torneiro acaba de conseguir o Premio Nacional de Poesía co seu libro Os ángulos da brasa editado por Factoría K.
Esta libro xa fora recoñecido co Premio da Crítica de Poesía galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co Premio Ánxel Casal da AGE (Asociación Galega de Editores) e co premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012.
 Álvarez Torneiro (A Coruña, 7 de xullo de 1932) traballou como xornalista, e aínda que comezou a escribir poesía con 18 anos, a súa primeira publicación foi Memoria dun silencio, en 1982. Foi un dos fundadores do grupo poético "Amanecer" na década dos cincuenta, dos que entre outros dera noticia Avilés de Taramancos nos artigos publicados en Obra viva. Os estudosos sitúano na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra: "os nados entre 1928 e 1942. No prólogo ó libro As doazóns do incendio, o profesor Basilio Losada apunta: o que vele na poesía de Torneiro é o poema, non é un verso illado, e menos unha palabra-fetiche. Veñen os versos e as palabras nestes poemas sen desaxustes semánticos, traballadas con sutileza e emoción. Con verdade, sen grandes sorpresas nin fulgores irritantes."

Leva publicados uns 13 poemarios máis, entre os que destacan Rigorosamente humano (1995) e Luz de facer memoria (1999). Conta tamén con outros galardóns como o Premio Esquío (1994), o González Garcés (gañado en dúas ocasións: anos 1998 e 2000) e o Premio da Crítica Española (1999); tamén foi nomeado socio de honra da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Parabéns ao poeta, a factoría K e á poesía galega! 

21 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA 2013

Durante esta semana estamos facendo traballos moi poéticos. Foi realmente satisfactorio ver como o alumnado de infantil descubriu as poesías e algún as calificou de "flipantes"... unha gozada!

19 de marzo de 2013

NOVIDADES DE POESÍA

Esta é a nosa mesa coas novidades que foron chegando á nosa biblioteca cargadas de poesía. E como non, tamén unha seleción para traballar nesta semana da poesía.
Dalle ao play e agarda a que a aplicación se poña en marcha.
Click to play this Smilebox photo album

17 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

O vindeiro venres día 21 celébrase o Día da Poesía.  Algunhas nenas e nenos están xa traballando as súas propias creacións e na biblioteca xa temos preparada a mesa coas últimas novidades en poesía e unha seleción para traballar nas aulas.
E non esquezades que tedes unha chea de recursos e actividades no enlace permanente da barra lateral.

7 de novembro de 2012

POESIAS DE OUTONO NOS CORREDORES

Esta ano o outono invade os corredores detrás dunha poesía. Este é o resultado.

30 de setembro de 2012

UN NOVO OUTONO

De vagar... paseniño... silencioso... o outono está aquí. Aínda non podemos admiralo en todo seu esplendor pero xa está con nos, un ano mais.


Ofrecémoste un enlace con poesías sobre o outono, para ir facendo boca. Preme na seguinte imaxe e poderás gozar co seleción feita por Bibliopoemes.


16 de maio de 2012

RECITAL DE POESÍAS

Continuando co programa de actividades da Semana das Letras Galegas, o martes tivemos un recital de poesías no que cada curso preparou unha poesías para recitárllelas ás súas compañeiras e compañeiros de ciclo. Un fantástico recital non que houbo dende creacións propias ata poemas musicados. O certo é que gostamos moito da creacións. Parabéns a todas e a todos.

28 de marzo de 2012

POEMAS-ROSAS

A pasada semana estivemos traballando moito as poesías, como xa viches en entradas anteriores. Agora quero amosarvos o resultado final deste fantástico traballo. Unha rosas poéticas que conteñen o arrecendo dos poemas traballado nas aulas. Espero que vos gusten tanto como a nós.

Click to play this Smilebox collage

Por certo, esta idea atopámola nun blog estupendo e cheo de fantásticas suxestións: innovarte.

24 de marzo de 2012

POESÍA DO ALUMNADO DE INFANTIL

As nenas e nenos do último curso de Educación Infantil traballaron moitísimo coas poesías durante toda esta semana.

O primeiro que vos podo amosar do seu traballo é esta estupenda poesía de creación propia. Parabéns!!

21 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA

Non esquezas pasar pola nosa biblioteca; hai unha chea de poemas agardando por ti.

17 de marzo de 2012

RECURSOS PARA O DÍA DA POESÍA

O vindeiro mércores día 21 de marzo celébrase o día da poesía. Podes atopar recursos e actividades no noso enlace permanente da columna da esquerda.


7 de marzo de 2012

COEDUCACIÓN

Mais LIMs para traballar a coeducación e a igualdade. Desta volta achegámonos ós Poemitas divertidos de Carmen Gil. Só tes que premer na imaxe e accederás ao traballo elaborado por Ana Martínez Rey.

23 de setembro de 2011

ESTREAMOS OUTONO

A pesar destes días tan veraniegos, hoxe entramos de cheo no outono.  

As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
folliñas
que veñen e van.

Folliñas
lixeiras e secas
fatigadas
de troular.
Folliñas
que bailan 
co vento
todos collidos
 da man.

                 Antonio García Teijeiro

23 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Hoxe, día 23 de abril, celebramos o día internacional do libro quero recoller esta preciosa entrada que atopei en bibliopoemas.


 La lectura se riega con nuestras propios pensamientos (il. de Cosei Kawa)

Libros, libros, libros ... moitos libros e lecturas para adultos e nenos, por nenos e nenas, para o alto e o baixo, para o guapo e o feo, o gordo e o fraco, os morenos e os loiros, os serios e alegres, listos e bobos, para mozos e vellos, para ricos e pobres, para os lectores e espectadores, para .. todo o mundo. Un puñado de libros que choven en abril, mil libros.

E para complementar todos estes libros uns poemas para degustar.



La lectura es una puerta abierta al conocimiento (il·lustració de Daniel Thomas)

Leer
(Miguel de Unamuno)

Leer, leer, leer, vivir la vida
que otros soñaron.
Leer, leer, el alma olvidada
las cosas que pasaron.
Leer, leer, leer, ¿seré lectura
mañana también yo?
¿Seré mi creador, mi criatura,
seré lo que pasó?
*

El libro es fuerza, es valor
es poder, es alimento;
antorcha del pensamiento
y manantial del amor.
(Rubén Darío)

Cada libro, cada lectura, lleva a otros libros y otras lecturas (il·lustració de Gurbuz Dogan Eksioglu)

La biblioteca
(N. Zapatero)

Juntos en la biblioteca,
están siempre allí esperando
que alguna manita inquieta
se decida a despertarlos.

Sus hojas son ventanitas
que abren con alegría
para llevarnos a un mundo
de aventura y fantasía.

A veces leo de brujas,
otras veces, de planetas,
de princesas, de animales
o de un niño en bicicleta.

Por favor no me interrumpan,
dejadme ahora tranquilo,
que quiero leer un libro
y compartirlo contigo.
*

Amigo libro
(Jesús Pascual)

Eres tú, amigo libro,
ventana del mundo
y en tus páginas admiro
lo que mi vista no pudo.

Eres tú, amigo libro,
la aventura que he soñado,
el poema que recito,
el cuento que me ha calmado.

Eres tú, amigo libro,
compañía en mi soledad,
silencio para salir del ruido
que rodea mi caminar.

Eres tú, amigo libro,
quien nos muestra nuevas sendas,
y nos abre nuevos caminos,
amigo que alivia las penas.

El libro tiene caminos que llevan al exterior o se sumergen en nuestro interior (il·lustració de Paula Dominguez)

Todos os libros do mundo
non te dan a felicidade
pero condúcnche en secreto
hacia ti mesmo.
Alí atoparás todo o que necesitas,
o sol, as estrelas e a lúa
pois a luz que ti buscas
habita en ti mesmo.
A sabiduría que buscaches
nas librerías
reluce en cada páxina…
E agora é túa.
(Herman Hesse)

18 de abril de 2011

VERSOS QUE EL VIENTO ARRASTRA

Encántame este libro!! Os versos son de Karmelo C. Iribarren e as ilustracións de Cristina Müller. Editado por El jinete azul este libro é unha gozada para todas as idades pero agochada tras a metáfora de poesía para nenos e nenas.
los libros
no son para mirarlos,
son para tocarlos,
abrirlos,
y leerlos
que es como entrar en ellos

21 de marzo de 2011

LIBRO DE POESÍA

Hoxe quero presentarvos un libro moi especial que xa puiden ler e gozar e que podes atopar na nosa biblioteca: O meu gato é un poeta. 

Trátase dun libro de Fran Alonso no que a través dos enredos dun gato poeta descubrimos outra ollada da poesía lúdica, divertida e desmitificada.
Aquí a poesía achégase a modo de obradoiro e de xogo, con narración, poesía visual, música... 

O libro vai acompañado dun CD con música de Xurxo Souto e a clave para aceder a súa propia páxina web http://www.gatopoeta.net/ aínda que a clave de aceso só poderás atopala no libro... cousas de gato reservado, di.    

Queres escoitar unha das poesías cantadas do CD? Pois  dalle a "play"


    
Podes atopar máis información sobre este libro na propia páxina do autor Cabrafanada.