Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).
Amosando publicacións coa etiqueta medo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medo. Amosar todas as publicacións

3 de novembro de 2012

TRUCO OU TRATO II

Por problemas técnicos quedaron as fotos do 2º e 3º ciclo no forno e no puiden publicalas. Pero hoxe si que van.

2 de novembro de 2012

TRUCO OU TRATO

Este pasado venres celebramos a festa do Halloween. Foi un día moi divertido no que fixemos arañas, bebemos pócemas moi especiais preparadas por unha bruxas moi amables, maquillámonos de medo e vimos unhas películas moi divertidas. Un terrorífico día.
Tedes todas as fotos das actividades no noso album de fotos.

26 de outubro de 2012

E TI... A QUE LLE TES MEDO?



O Samain e o halloween estan a piques de chegar e con eles todos os espiritos e espectros propios destas datas.

Dende a biblitoeca queremos celebralo cun concurso de relatos curtos tan curtos como  queirades, pero que deben responder a unha pregunta:


e ti a que lle tes medo?
 
Podedes facelo na clase coa vosa mestra ou o teu mestre ou pasar pola biblioteca durante o recreo. Cando estea listo entregadeo na bibliotecahabera un lugar preparado para recollelos.
E non esquezades que habera premios para os mellores relatos. Tedes de prazo ata o dia 5 de novembro.

25 de outubro de 2012

CHEGA O SAMAÍN... CHEGAN OS ESPÍRITUS...

O Samaín xa está aquí. De vagar vai ocupando espazo polos corredores pero iso xa volo amosarei noutra entrada do blog. Polo de agora quero achegarvos a seleción de recursos e actividades que temos preparada para traballar o Samaín e o medo. Só tedes que premer na imaxe. Espero que vos guste.