Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).
Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións

4 de marzo de 2016

FAI UN MONICREQUE

Hoxe tivemos unha visita moi especial. A través do Servizo de Normalización do Concello de Redondela, os tres titiriteiros do grupo Tanxarina organizaron un obradoiro co alumnado do 2º e 3º curso de Primaria para aprender a facer un monicreque. 
Tatán, Miguel e Andrés fixeron dúas sesión moi divertidas, na que cada nena e cada neno puido facer a súa propia marioneta de variña. O certo é que foi unha mañá estupenda. Moitas grazas aos tres polo voso traballo!!

18 de xaneiro de 2016

NOVA VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Un ano máis tivemos o pracer de gozar coa visita dun dos autores que máis nos gustan: Paco Nogueiras. Como non podía ser doutro xeito, veu acompañado do seu acordeón e don seu eukelele para acompañar as poesías de Neiras Vilas e os contos da editorial Kalandraka
Moitísimas grazas por compartir con nos estes momentos tan fantásticos.

10 de marzo de 2014

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR

O alumnado do 2º ciclo fixo unha interesante visita ao Castelo de Soutomaior, un lugar emblemático que temos moi perto do noso cole. Ademais de aprender moitas cousas interesantes sobre a época medieval, practicaron o tiro con arco e manexaron unha pesada espada. Unha visita do máis interesante.

19 de decembro de 2013

CHEGAN OS DINOSAURIOS

O alumnado de Educación Infantil 5 anos está traballando o proxecto dos dinosaurios. Levan feito unha chea de traballos e o pasado mércores foron visitar unha exposición na que incluso puideron ver dinosaurios de tamaño real. Volveron realmente alucinadas e alucinados. Velaí van as fotos. 
E se queredes descargalas, só tedes que premer nas fotos e accederedes ao noso album picasa. Unha vez alí podedes descargar as fotos que vos intere.

19 de novembro de 2010

EXPER-I-CIENCIA CO ALUMNADO DE PRIMARIA.

Xa están preparadas as fotos do alumnado de Primaria mergullándose nos fondos mariños na procura de cabaliños de mar.


Lembrade que podedes ver todas as fotos picando no enlace do collage.

18 de novembro de 2010

INVESTIGAMOS O MEDIO MARIÑO

 Hoxe visitáronnos Jose, Patricia Quintas, Sonia, Patricia Bernárdez e Sonia, unhas investigadoras e uns investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas para darnos unhas charlas sobre diferentes aspectos do medio mariño. Son expertos e expertas en cabaliños de mar porque traballan nun proxecto chamado Hyppocampus 

Polo de agora poderes ver as fotos dos nenos e das nenas de educación infantil. Estade atentas e atentos que moi pronto estarán tamén as fotos de primaria.



Neste enlace podes ver todas as fotos.