Achégovo o resultado final do traballo levada a cabo no último curso de Educación Infantil sobre o cine. Estade moi atentas e moi atentos, porque o video remata cunha pequena curta de animación stop-motion feita polo propio alumnado con Mowgli como protagonista.
Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).
Amosando publicacións coa etiqueta animacion b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animacion b>. Amosar todas as publicacións
27 de xuño de 2016
28 de maio de 2014
VISITA DE ÓSCAR VILLÁN
Despois de gozar dos seus debuxos en contos como "O coelliño branco", os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron a sorte de recibir a visita do ilustrador do conto "UN BECHO ESTRAÑO", Óscar Villán, quen ademáis veu acompañado de dous marabillosos conta-contos: Álex e Patri, que coa súa voz e música fixeron que tamén os nenos do primeiro ciclo gozaran moitísimo. Ademais, tivemos a sorte de escoitar en primicia os poegramas ÁRBOL E VIOLÍN, ilustrados polo propio Óscar.
21 de decembro de 2011
LENDO A PARES
Onte na biblioteca tivemos unha actividade que lles gustou moito a todos os nenos que participaron:: LECTURA A PARES.
Os nenos de 4º leronlle aos nenos de 5 anos as últimas novidades chegadas ao cole, e, despois, os pequenos aos maiores. A verdade é que foi unha actividade moi bonita
Déixovos unhas fotos para que vexades o ben que se portaron e sobre todo o atentos que estiveron todos a súa parella.
Publicado por
matilda
ás
09:30
Atoparalo en:
actividades,
animacion,
contos,
fomento lectura,
lecturas
10 de decembro de 2011
MON AMOUR. HISTORIA DE MUROS
Mon Amour: Historia de muros éun vídeo de Maysun Cheikh Ali Mediavilla, galardoado co primeiro premio en LÚMEN_EX 2010 Premios de Arte Dixital / Digital Art Awards Universidade de Extremadura. E hoxe, Día dos Dereitos Humanos, paréceme moi necesario reflexionar sobre eses dereitos que se pisan cada día... sen pudor e con todas as licenzas.
22 de outubro de 2011
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLITOECAS ESCOLARES
Unha simpática curta cunha bibliotecaria malvaaaadaaaa en conmemoración do día das Bibliotecas escolares.
Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que adican gran parte do seu tempo "de non docencia" a este inmenso traballo que son as biblitoecas escolares.
1 de maio de 2011
ANIMACIÓN INFANTIL
As series infantís de animación 'Caracois' e 'Os contos do camiño' comezan a emitirse en maio na tvG2.Tamén con esta periodicidade semanal comezará a súa emisión o día 16 Os contos do Camiño. Deste xeito, de 17 a 17.30 horas os rapaces poderán recoñecer novas versións de relatos que marcaron a evolución de distintas culturas.
En ambas series, OQO filmes adapta os álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animación stop-motion. A difusión internacional do catálogo editorial de OQO e a popularidade alcanzada por moitos dos títulos entre os nenos e nenas de diferentes países, supón unha oportunidade para a penetración de ambas entre o público infantil.
A presenza no mercado de librerías, no sistema educativo e nas bibliotecas públicas de toda Galicia fan que os personaxes reflectidos nas series resulten próximos a milleiros de cativos.
Deste xeito, os rapaces terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos para os cativos como A bruxa regañadentes, Corre corre, cabaciña, Chocolata, Ollobrusco, Rato Tom e Rata Tomasa, A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín...

Ao igual que cos libros de OQO editora , a filosofía de OQO filmes remite a unha aposta por un entretemento para os cativos de calidade e en galego: boas historias que merecen ser contadas, sexa en libro ou en filmes.
Esta calidade está avalada polo recoñecemento de prestixiosos premios internacionais. Así, libros de OQO como Caixa de cartón, O último canto, Fume, Celestino Tarambaina e A cousa que máis doe do mundo, entre outros, teñen mencións como o White Ravens, que os distingue como os álbums máis fermosos do mundo. Premios do Ministerio de Cultura, da Asociación Galega de Editores (AGE), os Andersen – Il Mondo Dell’Infanzia ou da Fundación Espace Enfants de Suíza tamén recaeron en contos da editorial. Algúns deles, como A princesa do Caurel ou A cousa que máis doe do mundo, forman parte das novas series.
De igual xeito, Os contos do Camiño foi candidata á Mellor serie de Animación na última edición do Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy (Francia). Ademais, foi seleccionada na 50 edición do Festival Internacional de Cine para nenos de Zlin (República Checa) e no festival Internacional de Televisión de Barcelona, organizado por OETI (Observatorio Europeo da Televisión Infantil).
25 de abril de 2011
O GLOBO VERMELLO
Reinterpretación do conto de Iela Mari usando as súas ilustracións para dar lugar a unha pieza audiovisual chea de inocencia, imaxinación e soños. Simplemente precioso!
Via Trafegando Ronseis
10 de abril de 2011
A IMPORTANCIA DA LECTURA
Curtametraxe de animación realizado para o centro virtual Leer.es do Ministerio de Cultura para fomentar a lectura entre os máis novos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)