Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).
Amosando publicacións coa etiqueta visita de autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visita de autores. Amosar todas as publicacións

28 de abril de 2016

ENCONTRO CON FRAN ALONSO

O alumnado de 3º e 4º curso de Primaria tivo este mércores un fantástico encontro con Fran Alonso, que ten un gato poeta e sabe moito de poesía. Por iso nos contou que a poesía é como un globo...ten catro patas...e moitas cousas máis.Unha conversa moi poética que fixo as delicias do alumnado e do profesorado.
Moitísimas grazas por este paseo polas rúas de mermelada.

18 de abril de 2016

ENCONTRO LITERARIO CON OLI

Continuando co mes do libro, hoxe tivemos un novo encontro literario. Desta volta foi o alumnado de 1º e 2º curso quen recibiu a visita de Oli, o autor de Leocadio o león, o libro de lectura deste ano.
Durante a visita, Oli contounos un par de conto e achegounos ao seu propio mundo creativo, respondende atodas as preguntas plantexadas dende o público.
Moitas grazas pola túa visita.

14 de abril de 2016

KIKO DA SILVA: MONCHO E A MANCHA

As nenas e os nenos de Infantil recibiron hoxe unha visita moi esperada, a de Kiko Da Silva, o autor e ilustrador de Moncho e a mancha, o libro que traballaron este curso nas súas aulas.
Kiko veu acompañado dunha fantástica contacontos chamada Sandra e, entre os dous, descubríronnos unha chea de historias e de posibilidades artística detras dunha mancha.
Moitísimas grazas aos dous pola visita...especialmente pola preciosa pegada que Kiko deixou no noso libro de visitas.



17 de abril de 2015

VISITA DE XOSÉ BALLESTEROS


Onte tivemos unha visita moi especial: Xosé Ballesteros, autor de "O coelliño branco", o libro traballado este curso en Educación Infantil.
Foi unha delicia escoitar esta historia contada polo seu propio autor!!! Ademais, Xosé chegou cunha maleta cargada de historias e moitos personaxes: bebés inquedos, cabaleiros de pluma e sombreiro...

E, como non, asinou todos e cada un dos nosos libros....e eran unha chea deles!!! Así que nos agradecémoslle a súa visita cun agasallo.

Moitas grazas polas túas historias!!!

17 de marzo de 2015

ASÍ FOI O ENCONTRO CON VICENTE MUÑOZ PUELLES

O pasado luns tivemos un agradable encontro con Vicente Muñoz Puelles, autor do libro "Óscar y el buzón de correos". Contounos moitas cousas sobre Óscar, o protagonista da historia, e respondeu a todas as preguntas que lle fixeron as súas lectoras e lectores do 1º Ciclo e aclarou moitas dúbidas. 
Para rematar, asinou todos os exemplares. 
Moitas grazas pola visita.

12 de marzo de 2015

ENCONTRO CON VICENTE MUÑOZ PUELLES

http://www.anayainfantilyjuvenil.com/pdf/proyectos_lectura/IJ00049703_1.pdfO vindeiro luns 16 de marzo o alumnado de 1º e 2º curso de Primaria terá un encontro conVicente Muñoz Puelles autor do libro "Óscar y el ladrón de correos".
Dende a editorial Anaya achégase unha interesante proposta de traballo ao redor da lectura deste libro, que podedes descargar premendo na imaxe do libro.

Destacar as ilustracións do libro, que corren a cargo dunhas das miñas ilustradoras favoritas, Noemí Villamuza.

6 de marzo de 2015

APERTAS QUE VOAN

Queremos compartir con todas e todos vos un dos mellores momentos do encontro con Paco Nogueiras. Espero que vos guste.

2 de xuño de 2014

ÓSCAR VILÁN E MATILDA

Encántannos!! Moitas apertas e achuchóns de todas as nenas, nenos e profesorado...e de Matilda!!!
Moitísimas grazas por todo!

28 de maio de 2014

VISITA DE ÓSCAR VILLÁN

Despois de gozar dos seus debuxos en contos como "O coelliño branco", os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron a sorte de recibir a visita do ilustrador do conto "UN BECHO ESTRAÑO",  Óscar Villán, quen ademáis veu acompañado de dous marabillosos conta-contos: Álex e Patri, que coa súa voz e música fixeron que tamén os nenos do primeiro ciclo gozaran moitísimo. Ademais, tivemos a sorte de escoitar en primicia os poegramas ÁRBOL E VIOLÍN, ilustrados polo propio Óscar.


29 de maio de 2013

VISITA DE OLALLA FERNÁNDEZ E MARC TAEGER

Este ano recibimos unha vez máis a visita de dous amigos fantásticos, en realidade unha amiga e un amigo: ela conta contos estupendamente; el ilustra as palabras estupendamente. Así que a visita foi doblemente estupenda. Estas son as fotos da visita de Olalla Fernández e Marc Taeger, que nos achegaron ao mundo dos museos, dos ratos de cores e duns animais tan raros que son dous animais nun. 
Moitas grazas pola visita. Agardamos vervos outra vez moi pronto.

23 de abril de 2012

A VISITA DE SILVESTRE GOMEZ

Como xa vos dixen, hoxe celebramos o Día do Libro co escritor Silvestre Gómez, quen compartiu con nos uns momentos estupendos e asinou os libros das nenas e dos nenos do 2º ciclo.
Moitísimas grazas por esta fantástica visita.

 

20 de abril de 2012

VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ

 O vindeiro luns día 23 recibiremos a visita de Silvestre Gómez, autor de Ti non xogas, a lectura que está compartindo todo o alumnado do 2º ciclo. Con el celebraremos a festa do día do libro.

PASEO POLA ATLÁNTIDA CON ANXO FARIÑA

Hoxe gozamos cunha nova visita no cole. Desta volta foron as alumnas e alumnas de 3º ciclo os que recibiron a Anxo Fariña, quen os levou da man polas imaxes dunha Atlántida moi fermosa e galega.
 

18 de abril de 2012

VISITA DE ANXO FARIÑA


O xoves día 19 recibiremos a visita de Anxo Fariña, o autor de A chave da Atlántida, o libro no que está a traballar o alumnado do 3º ciclo de Primaria.


Podedes ver algunhas das creacións deste autor, ilustrador e deseñador visitando a súa páxina web.

17 de abril de 2012

VISITA DE MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ

Onte foi un día moi especial porque recibimos unha visita moi especial. Como Marc Taeger sabía que as nenas e nenos de educación infantil estaban lendo Aquiles o puntiño, un libro ilustrado por el, aceptou o noso convite e viu visitarnos. Pero o mellor foi que veu moi ben acompañado por Olalla González, a autora de Garavanciño, outro fantástico libro .
A través das palabras e das imaxes encheron o noso outeiro de maxín e fantasía cautivando a pequenos e a maiores.
Moitísimas grazas aos dous por este fantástico día. Esperamos volver a tervos por aquí moi pronto.

 

E os contos e as ilustracións continuaron durante toda a mañán; as nenas e nenos de 1º ciclo tamén gozaron coas historias de Olalla e Marc.

 

15 de abril de 2012

VISITA DE MARC TAEGER


O martes día 17 recibiremos a visita de Marc Taeger, o autor de Aquiles o puntiño, o libro no que está a traballar o alumnado de Educación Infantil.


Podedes ver algunhas das creacións deste ilustrador, que traballa tamén no eido da animación, dos obxectos e dos libros visitando a súa páxina web.

9 de febreiro de 2012

VISITA DE GONZALO MOURE

O pasado mércores o alumnado de 4º e 5º de Primaria tivo a oportunidade de coñecer a Gonzalo Moure, escritor asturiano autor de "Palabras de Caramelo". 
Gañador de varios premios, contounos a súa experiencia e as motivacións que lle levaron a escribir este libro que tanto nos emocionou ao lelo. Baseado nunha historia real, está inspirado na vida dunha nena saharauí chamada Fatimetsu, xordomuda, que lle ensinou a falar coas mans, os ollos e o corazón. Ao finalizar a charla, escribiu unha dedicatoria nos libros do alumnado e da biblioteca. 

MOTÍSIMAS GRAZAS POR ESTA CONVERSA TAN ESTUPENDA!!!!

31 de maio de 2011

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Hoxe recibimos a visita de Jacobo Fernández Serrano, autor lo libro A pedra e as formigas que leron os nenos e nenas do 1º ciclo. Se queres saber máis deste escritor e ilustrador, so tes que investigar neste mural que podes ampliar premendona imaxe.



Jacobo falounos de como traballa nos textos e nas ilustracións, como se publican os libros nas editoriais e moitas cousas máis. De agasallo deixounos os seus debuxos e unha estupenda dedicatoria no noso libro de visitas. Moitímas grazas, Jacobo.