Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).
Amosando publicacións coa etiqueta varios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta varios. Amosar todas as publicacións

28 de novembro de 2015

ADEUS A XOSE NEIRA VILAS

 

Eu son Balbino.
Un rapaz de aldea.
Coma quen dis,
un ninguén.
E ademais, pobre.

2 de febreiro de 2015

DOBRAXE NA ESCOLA

O pasado venres día 30 de Xaneiro tivemos unha actividade moi especial. En colaboración co servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, desenvolvemos un obradoiro de dobraxe na escola. Suso Pando e Manuel Pombal de FMEC Producións, achegáronnos ao mundo da dobraxe, explicáronnos como é todo ese proceso e fixéronnos partícipes da dobraxe dun fragmento de "Bob Esponxa".
O certo é que foi unha actividade que enganchou dende o primeiro momento tanto ao alumnado como ao profesorado, que gozamos das explicacións e o traballo destes dous actores de dobraxe galegos.
Agora temos que ter paciencia e agardar que Suso e Manuel nos envíen o resultado desta sesión de traballo. 
Moitas grazas aos dous por achegármonos esta fantástica actividade.

12 de setembro de 2014

COMEZAMOS!!!!

Benvidas e benvidos a un novo curso no outeiro. Xa estamos a traballar na organización da biblioteca e pronto teredes novas sobre as mochilas viaxeiras, as axudantas da biblitoeca, o proxecto deste ano....tede paciencia que as portas da biblioteca están a piques de abrirse.

Este ano, o lema escollido polas bibliotecas escolares galegas é Biblioteca escolar... matemático!!! Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 

2 de xuño de 2014

ÓSCAR VILÁN E MATILDA

Encántannos!! Moitas apertas e achuchóns de todas as nenas, nenos e profesorado...e de Matilda!!!
Moitísimas grazas por todo!

6 de febreiro de 2014

VENTO... VENTO....E MAIS VENTO.

A tempo está sendo unha conversa habitual este inverno e o vento é un protagonista absoluto, día tras días.
Premede na imaxe e poderedes visualzar as rachas de vento sobre a terra en tempo real. Podes facer virar a imaxe e achegarte facendo doble clip na zona que queres ampliar.

http://earth.nullschool.net/#current/wind/surface/level/orthographic=-6.92,42.16,3000

14 de abril de 2013

13 de abril de 2013

APRENDER


16 de marzo de 2013

PARA SER MESTRA HOXE...

Pídenme unha receita, pero non unha receita calquera non... a receita para ser mestra ou mestre hoxe. Paréceme un labor moi complicado, pero velaí vai un primeiro intento, a ver que se pode cociñar...

Os ingredentes básicos son:

- Vocación e profesionalidade.
- Afectividade.
- Creatividade e innovación.
- Habilidades comunicativas.
- Paciencia e respeto.
- Plasticidade.
- Ter en conta os intereses das nenas e dos nenos.

Misturamos a vocación e a profesionalidade nun recipiente. Engadímoslle a esa mezcla unhas culleradas de plasticidade, para ter capacidade de adaptarse a diferentes situacións e circunstancias. Engadimos os intereses das nenas e dos nenos, pois só así acadademos unha aprendizaxe significativa. Batimos ata conseguir unha masa sólida. Chegados a este punto engadimos a afectividade.
Deixamos no forno a 250º. Mentras, noutro recipiente imos vertendo paciencia e respeto a partes iguais. Deixamos derreter ao baño María e logo extendemos a mistura sobre a masa que sacamos do forno. 
Importante potenciar o sabor coas habilidades comunicativas e decorar coa creatividade e a innovación.
Por suposto, servir dentro do ensino público.

Para elaborar esta receta consultamos:
  • Buscamos imaxes en google imaxes:  https://www.google.es/imghp?hl=gl&tab=wi
  • O blog Entre sonrisas:  http://entre-sonrisas.blogspot.com.es/2012/03/receta-para-ser-un-buen-maestroa.html

3 de marzo de 2013

A TODA MÁQUINA

Xa está en marcha unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra... a edición número 14! 
Dende o pasado sábado día 2 e ata o 24 de Marzo poderedes visitar os diferentes espazos e participar nas diferentes actividades e obradoiros que vos teñen preparados. Para organizar a túa axenda só tes que premer no cartaz do Salón e pescudar pola súa páxina. Agardo que gocedes este ano tanto coma nos anteriores.

17 de setembro de 2012

BENVIDA A UN NOVO CURSO

Hai xa uns días que comezamos o novo curso, pero con tantos reencontros non tiven tempo de facer unha benvida pública. Nestes días andamos axudando aos recién chegados á aula de Educacuón Infantil de 3 anos, preparando as sorpresas da biblioteca, reencontrándonos coas amigas e os amigos... un feixe de cousas! Pero non quero deixar pasar máis días sen dar a benvida tamén ás mamás e ós papás, a todas as familias que nos visitades polo cole e polo blog. Espero que este curso tamén podamos colaborar nunha chea de actividades. Xa vos irei contando....

22 de xuño de 2012

CHEGOU A DESPEDIDA

Pois si, chegou a despedida. Xa só queda desexarvos a todas e a todos unhas moi felices vacacións, que descansedes ben porque o merecedes e que gocedes con mil e unha lecturas marabillosas. Vémonos nun suspiro.


15 de marzo de 2012

PARABENS

Mafalda cumpre hoxe 50 anos... e dende aquí desexámoslle moitos anos máis igual de intelixente, reflexiva e contestataria moitos anos máis.

11 de novembro de 2011

DE ESTRENO

Matilda estrea roupa. E está realmente guapa grazas ó traballo dunha nais moi colaboradoras.
Moitisimas grazas a todas pola vosa axuda.

21 de xuño de 2011

AVISO URXENTE PARA AS FAMILIAS

Estamos preparando xa a publicación dos videos e das fotos do festival das Letras Galegas celebrado hoxe pero, por problemas técnicos, non puidemos gravar as actuacións dos cursos 4º, 5º e 6º. Como moitos e moitas de vos tiñades cámaras de video, pedímosvos unha copia para poder compartila con todos e todas.
Si alguén ten unha desas copia, pode poñerse en contacto con María, a mestra de Audición e Linguaxe do cole, ou enviar unha mensaxe por correo ao enderezo do blog, ou mesmo facer un comentario ao pe desta entrada.
Moitísimas grazas pola vosa participación.

2 de xuño de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente  de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na  iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos,  esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes  en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son  seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos  incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada  centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino  xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro  será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.