Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).
Amosando publicacións coa etiqueta paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paz. Amosar todas as publicacións

2 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos no noso centro o día da Paz, e este ano escollemos a canción "tu enemigo" de Pablo López e Juanes. Utilizamos a canción por un lado para realizar un mannequin challenge entre tod@s e por outro para facer unha coreografía conxunta de todos os alumnos e algúns pais e nais que tamén se animaron. Podedes ver o resultado a continuación. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.


BAILE

https://www.youtube.com/watch?v=y3Kl6PjGM_A&feature=youtu.be


BAILE CON DOBRE CÁMARA

https://www.youtube.com/watch?v=ck3BnR5ZZNE&feature=youtu.be


MANNEQUIN CHALLENGE

https://youtu.be/JQggeTvWF7c
NADARÍN: Conto realizado con luz negra por nenos de 2º.
https://youtu.be/ncoN_q-QPeQ

5 de febreiro de 2016

O MAKING-OFF DO DÍA DA PAZ

Aquí tedes o video que amosa como se preparou e se rodou o lipdub do día paz.

31 de xaneiro de 2016

MÁIS DO DIA DA PAZ

Sei que estades todas e todos moi ocupados mirando e repasando o noso lipdub da paz, pero ese día tivemos máis actividades.
Como cada ano, fixemos unha lectura conxunta dun conto. Este ano escollimos, O principio, un libro de Kalandraka que xa vos presentei nunha entrada anterior.
Tamén fixemos un baile conxunto coa música e a coreografía do lipdup.
Este é o resumo fotográfico da xornada.

30 de xaneiro de 2016

LIPDAB DO DÍA DA PAZ

Este ano o centro traballamos a canción de Álvaro Soler "El mismo sol" para celebrar o día da paz e, tento en conta que o proxecto de centro deste ano trata sobre a arte, quixemos facer algo distinto, creativo e emocionante onde participara todo o centro. Por iso fixemos un lipdub. 
Moitas grazas a todas e a todos pola vosa colaboración.
Podes facer clic na imaxe para ver o video. 
  Tamén podes ver o ensaio realizado uns días antes. Só tes que premer na imaxe.
  https://www.youtube.com/watch?v=u6Qm-ctcY5M

25 de xaneiro de 2016

O PRINCIPIO

Este é o noso conto da paz deste ano. O principio, libro de Paula Carballeira e Sonja Danowski da editorial Kalandraka.

22 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ

Estamos xa en plena preparación do Día da PAZ, que nos celebraremos o vindeiro venres día 29. Por aquí andamos todas e todos revulucionados preparando unha estupenda sorpresa.
E xa estamos botando man dos recursos e actividades compilados no noso blog. Se queres aceder a eles só tes que premer na imaxe.
https://sites.google.com/site/recursosdeaz/

30 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

Hoxe tivemos unha celebración moi especial, porque celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. Levamos toda a semana traballando esta cuestión tan importonte e preparando a nosa canción. Así que hoxe, contra a unha do mediodía, subimos todas e todos ao pabillón e celebramos xuntos o Día da Paz.
Proxectouse o video da "Ovella pelada" e cantamos a canción de Rosario Flores "No dudaría".

https://www.youtube.com/watch?v=lekIo8bCZWo

Tamén fumos rexeitando todos aqueles sentimentos e actos negativos que non axudan a manter a paz, así que tirámolos ao lixo.



Podedes ver todas as fotos desta celebración nesta presentación.



27 de xaneiro de 2015

LA OVEJA PELADA

Este é o video que selecionamos este ano para traballar o Día da Paz e a Non Violencia.

26 de xaneiro de 2015

RECURSO PARA O DÍA DA PAZ

O vindeiro día 30 celebraremos o Día Intenacional da Paz e a non Violencia. É por iso que, durante esta semana, desenvolveremos diferentes actividades na biblioteca. Ademáis, xa estamos en plena preparación para conmerorar como se merece este día.
Premendo na imaxe atoparás recursos e actividades para traballar nas aulas.

https://sites.google.com/site/recursosdeaz/

5 de decembro de 2014

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de Decembro celebramos unha das datas importantes do noso calendario, o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Para poder traballar nas aulas, esta é a nosa escolma de recursos e actividades.

Dereitos humanos

3 de febreiro de 2014

CANCIÓN DA PAZ

Xa temos preparados os videos da nosa canción "A pomba dona Paz".
Un primeiro video no que cantamos acompañados por instrumentos:

 E un segundo video sen acompañamento musical para poder escoitar mellor a letra da canción. Podes seguir a letra premendo AQUI.

2 de febreiro de 2014

DÍA DA PAZ 2014

Un ano máis xuntámonos para celebrar o Día da Paz. Desta volta escollemos o conto "A pomba dona Paz" para facer unha lectura conxunta e cantala despois todas e todos xuntos, acompañados dunha fantástica orquestación.
Un estupendo colofón a unha semana na que fumos facendo diferentes actividades nas aulas e pintamos un novo mural nas paredes do cole.

28 de xaneiro de 2014

A POMBA DONA PAZ

Este é o conto que estamos a traballar conxuntamente este ano para o Día da Paz. Se premes no triángulo que atoparás en cada unha das páxinas, ademais de lelo tamén poderás escoitalo.

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Estamos xa en pleno traballo da semana da Paz, preparando o noso mural, ensaiando diferentes cancións e lendo estupendas historias. Xa vos iremos amosando o resultado de tanta actividade.
Podes atopar unha chea de recursos e actividades na escolma que podes atopar na barra lateral esquerda e premendo nesta imaxe.
https://sites.google.com/site/recursosdeaz/

31 de xaneiro de 2013

PAZ, PAZ, PAZ

Xa está preparado o video da nosa canción da paz. Espero que gustedes del tanto como nós. Xa veredes que temos unhas músicas e uns músicos estupendos entre o profesorado. E unhas voces marabillosas entre o alumnado!

30 de xaneiro de 2013

O NOSO DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz, como cada 30 de Xaneiro, conmemorando a morte de Mahatma Ghandi.
Fixemos a lectura conxunta do conto traballado na aulas durante esta semana, "Wangari e as árbores da paz" e logo cantamos a canción de Juanes "Paz, paz, paz". Este ano temos unha chea de músicas e músicos no cole, así que a versión que fixemos foi moi especial. Velaí a versión das mestras e os mestres deste outeiro.


Dalle ó "play" e poderás escoitar a canción de Juanes.



23 de xaneiro de 2013

LIBROS PARA A PAZ

Estas son as propostas da biblioteca para que teñades unha boaas lecturas sobre a paz. Pasa por alí e leva o que máis te guste.

O NOSO CONTO DA PAZ

Este ano, o día da paz, imos trabalalr o conto de Wangari e as árbores da paz. Así que unha vez mais publicamos neste blog o video co conto e un LIM elaborado por Belen Junquera que nos encanta.


 

14 de xaneiro de 2013

RECURSOS PARA A PAZ

O día da Paz vaise achegando e xa estamos preparando actividades e lecturas sobre o tema. Podes atopar unha chea de recursos premendo nesta imaxe, que tamén está permanentemente colocado na marxe esquerda do blog.

30 de xaneiro de 2012

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Despois de traballar nas aula durante toda esta semana, hoxe celebramos o día da paz todos e todas xuntas. Baixamos das aulas coas nosas flores da paz para ver as curtas da paz que xa fumos publicando neste outeiro como por exemplo "a forza dun abrazo" e limos conxuntamente o conto "O castelo de area". Para rematar bailamos a canción de Macaco "Moving" e colocamos as nosas flores debaixo do mural da pomba que pintamos estes días. 
Un fantástico día no que celebramos a paz... aínda que temos que celebrala todos os días.