Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

31 de enero de 2016

MÁIS DO DIA DA PAZ

Sei que estades todas e todos moi ocupados mirando e repasando o noso lipdub da paz, pero ese día tivemos máis actividades.
Como cada ano, fixemos unha lectura conxunta dun conto. Este ano escollimos, O principio, un libro de Kalandraka que xa vos presentei nunha entrada anterior.
Tamén fixemos un baile conxunto coa música e a coreografía do lipdup.
Este é o resumo fotográfico da xornada.

No hay comentarios: