Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).
Amosando publicacións coa etiqueta apadrinamentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta apadrinamentos. Amosar todas as publicacións

24 de abril de 2016

APADRINAMENTOS LECTORES 2016

O día do libro é o noso día de apadrinamentos lectores. Así que un ano máis, o alumando de 3º, 4º, 5º e 6º puido lerlle un conto a unha nena ou a un neno de Educación Infantil, 1º e 2º. Confeso que é unha das miñas actividades favoritas e, polo que se ve, tamén dos rapaces e das rapazas. E iso que por mor da chuvia non puiden facer a lectura ao aire libre e tivemos que quedar polos corredores do cole.

24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Onte celebramos o Día do libro e repetimos unha actividade que nos encanta: os apadrinamentos lectores. Así, un ano máis, a hora de ler foi unha sesión conxunta no patio do colexio e cada madriña e padriño fixo a lectura para ás súas afilladas e afillados.
Unha estupenda xornada de lecturas compartidas!!

23 de abril de 2013

LECTURA CONXUNTA: MADRIÑAS, PADRIÑOS, AFILLADAS E AFILLADOS

Hoxe celebramos o día do libro cunha sesión de lectura moir especial: fixemos unha lectura conxunta no patio, onde cada madriña e padriño puido lerlle un conto á súa afillada ou seu afillado.
Así todas e todos poidemos gozar dunha estupenda lectura ao sol.