Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

24 de abril de 2016

APADRINAMENTOS LECTORES 2016

O día do libro é o noso día de apadrinamentos lectores. Así que un ano máis, o alumando de 3º, 4º, 5º e 6º puido lerlle un conto a unha nena ou a un neno de Educación Infantil, 1º e 2º. Confeso que é unha das miñas actividades favoritas e, polo que se ve, tamén dos rapaces e das rapazas. E iso que por mor da chuvia non puiden facer a lectura ao aire libre e tivemos que quedar polos corredores do cole.

No hay comentarios: