Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

15 de abril de 2012

VISITA DE MARC TAEGER


O martes día 17 recibiremos a visita de Marc Taeger, o autor de Aquiles o puntiño, o libro no que está a traballar o alumnado de Educación Infantil.


Podedes ver algunhas das creacións deste ilustrador, que traballa tamén no eido da animación, dos obxectos e dos libros visitando a súa páxina web.

3 comentarios:

Mark e Olalla dijo...

Ola amigos e amigas do CEIP Outeiro das Penas, este martes visitarei a vosa escola acompañado de Olalla.

Sabemos que vos gustan moito os contos, así que achegarémonos coas nosas maletas e pasaremos un bo ratiño xuntos.

Ata pronto!!!

Mark e Olalla.

matilda dijo...

Pois si que nos gustan moito os contos...lelos e escoitalos. Seguro que gozaremos moitísimo con todas esas historias que tedes na maleta.
Moitos bicos e achuchóns.
Vémonos o martes.

Carolina dijo...

Xenial!!! Estou ansiosa pola vosa visita! Seguro que pasamos unha xornada inolvidable!

Ata o martes!!!