Hoxe tivemos unha celebración moi especial, porque celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. Levamos toda a semana traballando esta cuestión tan importonte e preparando a nosa canción. Así que hoxe, contra a unha do mediodía, subimos todas e todos ao pabillón e celebramos xuntos o Día da Paz.
Proxectouse o video da "Ovella pelada" e cantamos a canción de Rosario Flores "No dudaría".
Tamén fumos rexeitando todos aqueles sentimentos e actos negativos que non axudan a manter a paz, así que tirámolos ao lixo.
Podedes ver todas as fotos desta celebración nesta presentación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario