Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

22 de septiembre de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓN


 http://3.bp.blogspot.com/-YByWO2hrcxY/VfG9aseJv9I/AAAAAAAAWKA/RRLv4cW8kZw/s1600/cartel_def_15_petit1.jpg

   
 "Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic Fran Bueno, e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado. 

O lema chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.

No hay comentarios: