Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

18 de novembro de 2012

TRABALLANDO A IGUALDADE

Vivo en una casa malva é unha das novidades que estes días podemos levar ás aulas para traballar a igualdade. Porque o 25 de Novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Porque é importante dicir non á violencia contra as mulleres todos os días... a todos os niveis... en todas as idades...

Chámase "Casa Malva" pola cor das súas paredes; é un edificio levantado en Xixón para servir de refuxio ás mulleres que foron vítimas de maltrato, así como ás súas fillas e fillos. A vida destes últimos e a importancia que ten para infancia ter un fogar de referencia é o motor desta historia.


Lembra que podes atopar máis actividades e recursos no enlace da barra lateral esquerda.


Ningún comentario: