
O premio, concedido polo Ministerio de Cultura, ven recoñecer o labor deste ilustrador despois de tres anos de traballo a través da memoria.
"Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios."
Ningún comentario:
Publicar un comentario