O alumnado do 3º Ciclo tivo a oportunidade de visitar a illa de San Simón e o Museo de Meirande. Dende logo son dúas visitas moi acaidas para o noso proxecto, que este ano lévanos de viaxe por Galicia. Tanto o alumnado coma o profesorado gozou dunha estupenda viaxe pola Ría con paradas neses dous lugares tan emblemático. Para ilustrar esta entrada, o propio alumnado de 5º preparou unha proxección de fotografías cun resumo do paseo.
Podes ver o album completo premendo AQUI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario