Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

26 de noviembre de 2010

INAUGURAMOS A FONOTECA

Hoxe estamos de festa: inauguramos a nosa Fonoteca.
A partir de hoxe, todos os venres, podedes levar para casa un Cd. Cada semana  tocaralle a un ciclo escoller a música e terá 7 días para poder escoitala tranquilamente na casa.

Así que xa sabedes, dende agora podemos gozar coas lecturas e tamén coa música.
Quero dar as grazas a todas as familias que fixeron posible este proxecto aportando a súa música. Sen vos esta fonoteca non sería posible.
Moitas grazas. Espero que gocedes coa música.

E para celebrar este proxecto musical colaborativo, un video de música de rúa tamén colaborativa. Músicos de rúa tocan o "Stand by me" de Ben E. King en diferentes lugares do mundo.


3 comentarios:

Marga dijo...

¡Hola,este video é unha pasada!,eu xa hai tempo que o escoitei e gustoume moito.Sobre a Fonoteca debo dicir que me gusta a idea, pero os pais imos ter que doblar horas porque entre os contos,o Nadal, e a Fonoteca temos unha de chollo que non damos feito.Bueno...¡Malo será!!.Voltarei a compartir o voso traballo.Biquiños!!!!!

Anónimo dijo...

O CD pódese escoitar no coche, antes de comer, facendo a limpeza, mentres os nosos fillos xogan... Así nós mesmos e os nenos estaremos máis contentos, relaxados, alegres...
É unha idea xenial!
Noraboa

matilda dijo...

A fonoteca é para levar música para casa e gozar tranquilamente con ela. Non tedes nada que facer...só relaxarvos e escoitar.
O traballo das familias xa foi aportar CDs para as nosas estanterías.
Moitos bicos e a descansar escoitando boa música.