Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

11 de noviembre de 2010

MAGOSTO

Hoxe celebramos a festa do magosto no cole. Algúns profes fixeron as brasas e asaron unhas castañas boísimas.
A chuvia esperou a que saíramos a xogar, pero aínda así puidemos participar nalgún dos rincóns de actividades e xogos.

Estamos recollendo as fotos para que poidades ver o ben que o pasamos e canto traballarou todo o profesorado.

Para ir facendo boca podedes practicar a letra da canción da castaña.

                                       Era unha castaña redonda, redonda
                                       que neste magosto estoupou como unha bomba.

                                       Para para pum, para pum, para pum pum,  
                                       para para pum, para pum chin pum

                                       Eran unha castaña marrón, marrón
                                       que caeu do castaño e fíxome un chichón.

Se gostaches da canción e quere cantala completa, poderás atopala premendo aquí.

1 comentario:

Marga dijo...

Xa teño a canción completa, non vexades vós o ben que o pasamos toda a familia cantando e bailando este tema da castaña. Noraboa ó profe Miguel!!. Gracias a estas cousas pasámolo en grande.¡Ánimo!,estou desexando escoitar mais.Un biquiño!!!!!