Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

5 de enero de 2011

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Espero que nesta noite máxica, a visita dos Reis Magos deixe en todas as casas unha chea de libro. Eu xa estou facendo sitio nas estanterías para os meus!  

Grazas aos compañeiros de Trafegando Ronseis coñecín un fermoso álbum ilustrado da editorial Galaxia. É unha vella historia que nos chega agora adaptada ao galego e con DVD incorporado.

O texto literario de H.C. Andersen foi adaptado ao galego e para os novos formatos dixitais por Xavier Senín, a partir da curtametraxe animada ambientada no Museo do Xoguete de Allariz que Continental Producciones e Algarabía Animación presentaran hai pouco máis dun ano.
A creación segue a técnica do stop-motion e emprega os deseños de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña, entre outros.

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Vaivos encantar, seguro.
Feliz e lector ano ilustrado.

matilda dijo...

Encántanos. Moitísimas grazas por toda a información que nos achegades dende o Ronsel.
Feliz ano cheo de lecturas para vos.