Cada 30 de xaneiro, cabodano do pasamento de Gandhi, conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Como cada ano, no noso cole levaranse a cabo actividades que nos lembren a necesidade de traballar por un mundo máis xusto... sen conflictos... con PAZ.
Por iso colgamos xa un enlace permanente no blogue con todos os recursos e actividades para traballar nas aulas e nas casas.
E para comezar o traballo, quero presentarvos un conto que nos lembra a necesidade de cooperar e compartir cos demais. Espero que vos guste.
3 comentarios:
Como me soa a pomba esa.... ji ji
Xenial o LIM co teu permiso vouno poñer en actividadeslim.nireblog.com
graciñas por compartir
Bicos
Estupendo o LIM e moi interesante a selección de recursos.
Apertas
Moitas grazas a vos por visitar o noso outeiro. Alégrome de que vos sirva o noso traballo.
Bicos e achuchóns
Publicar un comentario