Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

1 de febreiro de 2011

O NOSO DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro é o día da Paz e a non violencia. Como foi un domingo, adiámolo para o luns 31. O certo é que levamos tempo traballando sobre o tema e preparando o mural para hoxe. Estampamos as nosas mans de cores na parede e entre todo o cole creamos un arco da vella pola paz.
Hoxe volvemos facer un arco da vella, pero esta vez cos banderíns da paz que levábamos nas mans. Quedou unha celebración  moi alegre, como ten ser toda celabración da paz.
E cantamos, claro que cantamos. Imagine, de John Lenon. E soltamos unha pombas... toda unha celebración para lembrar a importacia de traballar e vivir pola paz.
Como sempre, velaí vai unha mostra do noso día da paz.


E se picas na imaxe de abaixo poderás aceder a todas as fotos deste día.

3 comentarios:

Belén dixo...

Quedouvos ben bonito o arco da vella, parabéns!
Bicos

Marga dixo...

Noraboa por facer un Arco da Vella tan fermoso!!Un recordo moi bonito dos nenos.Bo traballo!!.Arrumacos

Nu dixo...

qué bonito!!! pena do Capitán que tivese que marchar, de seguro que houbera pasado moi ben. O arco da vella precioso, moi orixinal!! bicos.