Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

1 de marzo de 2011

VISITA A APIPOLIS

O pasado xoves día 24 todo o alumnado de infantil foi de excursión a Apípolis, un centro de educación ambiental no que nos achegamos un pouco máis ao extraordinario mundo das abellas.
Vestímonos de apicultoras e apicultores para achegármonos, sen medo, ao apiario e ver como viven as abellas nas colmeas; extraimos, colamos e envasamos mel; degustamos mel e polen; elaboramos galletas de mel e fixemos unhas candeas
Para que vexades o ben que o pasou todo o grupo, velaí van unha fotos que recollen as actividades do día.

4 comentarios:

Nuria dijo...

Fantástico, fenomenal, envexable!!!, os nenos pasárono moi ben, non daban contado, penso que foi a mellor excursión dende hai tempo. Moitas gracias.

Marga dijo...

¡Que excursión tan bonita!que simpáticos están vestidos de apicultores.¡Da gusto velos!.Ademais de aprender cousas novas,pasárono en grande.Gracias ó equipo de educación infantil!.Biquiños dulces

matilda dijo...

Coido que as mestras gozaron tanto como os cativos!!! Un día estupendo no que nos divertimos e aprendemos moitas cousas.

NU. dijo...

buah, qué ben o pasaron pequenos e maiores!! eu tamén quería iiiiir!!! as galletas na casa duraron un suspiro!!
biquiños, sodes xeniais!!