Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

14 de abril de 2011

I FEIRA DO LIBRO OUTEIRO DAS PENAS

Hoxe celebramos a nosa I FEIRA DO LIBRO, na que cambiamos os nosos bonos polos libros que foron traendo todos os alumnos e todas as alumnas do cole. 
O certo é que foi todo un éxito porque atopáronse libros moi interesantes, tanto que empezaron a lelos polos recantos do cole. Todos marcharon para casa cargados de libros e con ganas de lelose gozalos na casa.

Velaí van as fotos desta festa de libros A medida que recollamos máis imaxes da feira, a presentación amosará máis imaxes... estade ben atentos e atentas.

3 comentarios:

Carmen Toro Cabaleiro dixo...

Así da gusto! movemento!
mirade as caras de interese!

Marga dixo...

¡unha gran idea o intercambio de libros!,así lemos contos novos sin ter que mercalos.Tendes que facelo mais veces!!. Noraboa!!

Anónimo dixo...

Encantounos a feira e os libros. Queremos mais feiras de libros.
Os nenos e nenas de EI 4 anos A.