
Inducen á risa e á felicidade, son travesos e irreverentes, sobreviviron ao paso do tempo e, coa súa sinxeleza, encandilan a xeracións enteiras do pasado, do presente e do futuro. “
Titirilibro, a los títeres vamos” é unha homenaxe aos teatriños, ás marionetas e aos artífices desa maxia. O libro-cd, prologado por
Ignacio Sanz, contén 16 temas musicais, uns tradicionais e outros compostos e interpretados para a ocasión polo
Nuevo Mester de Juglaría, con fotografías de
Pelu Vidal e
Gonzalo Boullón, que amosan os distintos tipos de títeres -de variña, de luva, de fío...- e espectáculos do máis imaxinativo que transmiten toneladas de ilusión e arrincan os aplausos agradecidos do público.
Por certo, tamén tedes imaxes dos redondelás máis titiriteiros:
Tanxarina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario