O caixón de suxerencias é un elemento fundamental na biblioteca. Aquí recollemos as peticións dos nosos lectores e lectoras: libros, actividades, temas, personaxes, etc.
O caixón permanecerá habitualmente na biblioteca, nun lugar visible, pero de cando en vez, como esta semana, dará un paseo polas aulas animando ó alumnado a participar aínda máis.
Desta volta preguntámoslle ao alumnado do 3º ciclo polas súas preferencias literarias, de xeito que a súa voz terá peso na adquisición de fondos deste ano.
3 comentarios:
A verdade é que quedou precioso! Moi colorido, como Matilda!!!
Bo traballo!!!
Bicos
É unha idea moi interesante,sobre todo o percorrido polas aulas.
Eu quero suxerir que vos biquedes e achuchedes moito......! Bicos e achuchons!!!
Tomaremos nota da túa suxerente idea.
Moitos bicos e achuchóns para ti.
Publicar un comentario