Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

13 de octubre de 2011

HOSPITAL DE LIBROS

Este ano temos moitas novidades na nosa biblioteca. Algunha xa as coñecedes e outras irei amosándovolas aos poucos.

Hoxe preséntovos o hospital de libros, unha charca aloxada nun lugar ben visible da nosa biblioteca.

Aquí imos depositando os libros deteriorados polo uso para aplicarlles algún tipo de “cura” e deixalos novamente en condicións de circular polas aulas e as casas do noso alumnado.

4 comentarios:

Marga dijo...

¡Qué boa idea!case que o vou facer na miña casa tamén.Anqueeeee,a verdade,é que non teño moitos libros enfermos.Só pouquiños teñen unha pequena catarreira!!!

carmen dijo...

esta Matilda é un xenio!!!
me encanta a "charca hospitalaria"
un biquiño doctora, mestra, maga...e o que faga falta.

matilda dijo...

Estes hospitais de libros funcionan xa noutras bibliotecas escolares e pareceume unha boa idea para o noso outerio. Alégrome de que vos guste.
Biquiños gostosos de fin de semana.

Anónimo dijo...

É preciosa!!! A verdade é que esta Matilda non deixa de ter boas ideas!!