O pasado xoves tivemos a nosa primeira excursión. Todo o alumnado de Educación Infantil foi camiñando ata o Monte Loureiro para achegarse un pouco a este outono tan tímido que estamos a ter. Alí poideron recoller follas secas, landras, piñas e demais restos de outono para despois facer diferentes traballos cole. E tamén xogaron moito, moito, moito.
O certo é que foi un día estupendo no que o pasaron moi ben...aínda que chegaron ao cole cansísimos de tanta actividade.
Para ver as fotos desta excursión, só tes que premer na imaxe e esperar a que empece a proxección.
Moitas grazas ás mamás e papás do obradoiro de infantil que nos acompañaron e contribuiron a que a excursión fora tan xenial.
5 comentarios:
¡Dá gusto velos...as fotos moi bonitas.Grazas profes!!!Bicos de outono!!
Qué guapos están!
qué maiores e formales!
así da gusto!
Un bico para tod@s!
Preciosa montaxe!!! Seguro que foi un día inolvidable para os máis peques do cole.
Biquiños
Estivo moi ben achegarse un pouquiño a este outono tan tímido que temos. Moitas grazas polas vosas visitas.
Biquiños
qué ben o tiveron que pasar!! quedoume moita pena de non poder ir a xogar con eles. As fotos son moi bonitas!!! BKÑS.
Publicar un comentario