Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

31 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2012

O vindeiro día 2 de abril celebrarase o Día Internacional do Libro Infantil.

 Cada ano, a International Board on Books for Young People, IBBY,  encarga a unha das súas seccións a edicíón do cartel conmemorativo deste día no que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen. Nesta ocasión foi a sección Mexicana quen acolleu esta iniciativa, e velaquí  tamén o cartel que elaborou para a ocasión o ilustrador deste país, Juan Gedovius.
O texto escollido é Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro de Francisco Hinojosa, poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano. 
  
Podes acceder á mensaxe deste ano en galego, eukera, catalán e castelá, así como ao cartel

"Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchenos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas".

Ningún comentario: