Onte foi un día moi especial no noso cole. Tivo lugar unha Feira do libro de vello, un mercadiño no que quixemos dar saída a todos aqueles libros que xa non teñen cabida na nosa biblioteca escolar. E pensamos que o mellor xeito de retirar eses libros é abríndolles as portas de novos fogares. Os fogares do noso alumnado... do noso profesorado... de todas as persoas que traballan no noso colexio.
Así, durante toda mañá foi o profesorado e o alumando quen percorreu os postos ateigados de libros e puideron escoller aqueles que máis lles interesaban.
Xa pola tarde abrimos as portas ás familias... e a resposta foi marabillosa. Moitas grazas a todas e a todos pola vosa visita. Esperamos que gocedes da lectura dos libros escollidos.
1 comentario:
Foi unha experiencia marabillosa, e a verdade é que Matilda ten moita razón en poñer que "a resposta das familias foi increíble"
Grazas a toda a nosa comunidade educativa por vir!!
Carolina
Publicar un comentario