Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

17 de abril de 2012

VISITA DE MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ

Onte foi un día moi especial porque recibimos unha visita moi especial. Como Marc Taeger sabía que as nenas e nenos de educación infantil estaban lendo Aquiles o puntiño, un libro ilustrado por el, aceptou o noso convite e viu visitarnos. Pero o mellor foi que veu moi ben acompañado por Olalla González, a autora de Garavanciño, outro fantástico libro .
A través das palabras e das imaxes encheron o noso outeiro de maxín e fantasía cautivando a pequenos e a maiores.
Moitísimas grazas aos dous por este fantástico día. Esperamos volver a tervos por aquí moi pronto.

 

E os contos e as ilustracións continuaron durante toda a mañán; as nenas e nenos de 1º ciclo tamén gozaron coas historias de Olalla e Marc.

 

3 comentarios:

NU. dijo...

gústame a banda sonora!!!

matilda dijo...

As boas historias sempre levan unha boa banda sonora, e esta merécea.
Bicos musicados

Marga dijo...

Eu quero ser nena e....que me fagan debuxos así!!.Bicos de conto.