Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

6 de mayo de 2012

PREMIO ENTRE BLOGS

Hoxe recibimos un premio moi especial: Geni e as amigas e amigos do 4º curso do CEIP Castrillón - Coiro, dende o seu blog As cousas da clase, escolléronnos como un dos seus blogs favoritos. Non sabedes a ilusión con que recibimos este agasallo. Motísimas grazas por lembrarvos de nos.
Agora tócanos a nos seguir as instrucción e continuar a cadea; debemos escoller os nosos 5 blogs favoritos e mandarlles un premio, porque se alguén te quere ben e te valora tes que seguir a cadea. As intruccións son as seguintes:
  • Copiar e pegar o premio no blog enlazándoo co blogger que cho otorgou.
  •  Premiar os teus cinco blogs favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
  • Confiar en que continúen a cadea premiando a sua vez os seus cinco blogs preferidos.
E estes son os nosos blogs favoritos:
Trafegando ronseis, porque as súas pingas son un orballo diario. Grazas polo voso esforzo e por compartir con nós todo ese traballo.
O recanto de Leo, porque a súa biblioteca inspira o noso labor.
Bibliopoemes,  por compartir con nós ese amor pola poesía.
InnovArte, tanto pola arte como pola innovación.
Raioteca, porque tamén seguimos o seu traballo.

E xa non podemos mencionar máis... unha mágoa, porque hai moitos máis.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Benprezadas compañeira/as, sempre dicimos que o que prestixia InnovArte son os/as seus seguidores. Vós sodes as que nos dades azos e nos "obrigades" a intentar ser cada día mellores, mesmo nos momentos de decaemento -que coma nós pasarás ti tamén por eles-. Grazas a vós pola vosa consideración para co noso traballo. Unha aperta Ángeles e Isabel Abelleira

ceip.alama dijo...

Ola amig@s de Cesantes!

Que ilusión máis grande! Grazas polo voso agasallo. Sobre todo a dedicatoria na entrada. Comprometémonos a continuar a cadea (pero dádenos uns días para escoller os nosos blogs).

Foi unha moi grata sorpresa.

Unha aperta moi grande.

Lémonos,
LEO

Encarna dijo...

Moitas grazas por este fantástico agasallo!!!
Raioteca está moi contenta e envía un saúdo e moitos bicosss para Matilda, que desde o seu outeiro, está sempre tan atenta a todo o que sucede no mundo das Bibliotecas Escolares.
Ata sempre.
RAIOTECA

Ronsel dijo...

Ola, perdón polo retraso antes de nada, foron días complicados.
Moitas grazas, polo agasallo e pola sorpresa que nos destes. Ogallá sigamos merecedores da vosa amizade e consideración.
Unha aperta ben grande.