Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

20 de junio de 2012

O RONSEL 2011-12

Xa temos lista a nosa revista escolar do curso 2011-12. Este ano tan só podemos editala en formato dixital pois os recortes da Consellería nos orzamentos dos Equipos de Normalización imposibilita a súa publicación en papel.
Unha vez máis, non deixamos que os recortes nos orzamentos recortasen tamén o noso entusiasmo e o noso traballo, así que velaí vai unha revista escolar que pretende achegarvos unha selección das actividades realizadas durante este ano.
Moitísimas grazas a Carolina, Miguel O. e Miguel H. porque sen a súa axuda e apoio esta revista non vería a luz. Grazas tamén a todo o profesorado que participou na elaboración de materiais e recollida de traballos para a súa publicación. Moitísimas grazas polo voso traballo.
Preme enriba da pantalla e poderás ampliar a imaxe



1 comentario:

NU. dijo...

A biblioteca quedou chulísima!!
É unha pena que non todos poidan disfrutar a revista este ano, **** crisis..... Felicidades, bo traballo!!