Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

24 de febrero de 2013

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Mentras cociñamos o noso video, velaí vai este outro para lembrar o día de Rosalía de Castro: "Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose espontaneamente a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras, persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.

No hay comentarios: