Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

26 de febrero de 2013

VISITA DE VIOLETA MONREAL

Por cuestións de axenda adiantamos a visita de autoras e autores que adoitamos facer no mes de abril a febreiro. Así, hoxe tivemos un estupendo encontro con Violeta Monreal, a autora dos libros de lectura de Educación Infantil e o 2º ciclo de Primaria.
Sempre é un pracer escoitar e, sobre todo, ver a esta artista do papel que atrapa a nenas e nenos de todas as idades, incluso ás mestras e ós mestres.
Rasgando e pegando papeis de cores foi respondendo a todas as preguntas do noso alumnado e non perdeu oportunidade de animalos a cambiar o mundo, de loitar polas cousas ben feitas e acadar un resultado satisfactorio en todo o que fagamos. Unha conversa do máis enriquecedora.
Tamén asinou os libros e deixou unhas fantásticas obras de arte para a nosa biblioteca.
Tamén foi un pracer ver a cara de Violeta cando lle amosamos a exposición de sombreiros elaborados polas nenas e nenos de 3º e 4º... hai verdadeira obras de arte!!!!

2 comentarios:

Maruxa dijo...

Encántoume!!!! Unha das mellores visitas que tivemos polo Outeiro.

Marga dijo...

Impresionante o que fai co papel,menuda habilidade.Gustoume moito!!!