Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

16 de marzo de 2013

PARA SER MESTRA HOXE...

Pídenme unha receita, pero non unha receita calquera non... a receita para ser mestra ou mestre hoxe. Paréceme un labor moi complicado, pero velaí vai un primeiro intento, a ver que se pode cociñar...

Os ingredentes básicos son:

- Vocación e profesionalidade.
- Afectividade.
- Creatividade e innovación.
- Habilidades comunicativas.
- Paciencia e respeto.
- Plasticidade.
- Ter en conta os intereses das nenas e dos nenos.

Misturamos a vocación e a profesionalidade nun recipiente. Engadímoslle a esa mezcla unhas culleradas de plasticidade, para ter capacidade de adaptarse a diferentes situacións e circunstancias. Engadimos os intereses das nenas e dos nenos, pois só así acadademos unha aprendizaxe significativa. Batimos ata conseguir unha masa sólida. Chegados a este punto engadimos a afectividade.
Deixamos no forno a 250º. Mentras, noutro recipiente imos vertendo paciencia e respeto a partes iguais. Deixamos derreter ao baño María e logo extendemos a mistura sobre a masa que sacamos do forno. 
Importante potenciar o sabor coas habilidades comunicativas e decorar coa creatividade e a innovación.
Por suposto, servir dentro do ensino público.

Para elaborar esta receta consultamos:
  • Buscamos imaxes en google imaxes:  https://www.google.es/imghp?hl=gl&tab=wi
  • O blog Entre sonrisas:  http://entre-sonrisas.blogspot.com.es/2012/03/receta-para-ser-un-buen-maestroa.html

3 comentarios:

Marga dijo...

Facer esta receita é todo un logro,paréceme moi dificil.. anque non Imposible.

NU dijo...

certo que é unha receita difícil, e o resultado moi rico. Bicos!!! :)

Maruxa dijo...

A cuestión agora é saber se os servimos de primeiro plato, de segundo ou de sobremesa.

biquiños sabrosos