Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

26 de marzo de 2013

RECOÑECEMENTOS E AGRADECEMENTOS

Dolores, unha fiel seguidora e animadora do noso traballo envíanos este premio. Moitísimas grazas!!

O premio ten unha serie de normas:

1º- Agradecer o premio á persoa que no lo otorga.

2º- Responder a once preguntas que nos envía.
3º- Premiar a 11 blogs e enviarlles11 preguntas.
4º- Informar ós blogs do premio e visitalos: farémolo en breve.

Feita a primeira tarefa, respostamos as preguntas de Dolores.

1.Por que decidiches crear un blog e cando empezaches?
 Comezamos este blog hai 3 cursos, buscando unha canle de comunicación con toda a comunidade educativa e buscando unha maior dinamización nas actividades do centro.
2. Se non escribiras sobre os temas que tratas no, sobre que te gustaría escribir?
Posta a soñar gustaríame escribir pequenas historias e contos...
4.Que che aporta ter un blog?
Basicamente moito traballo buscando, investigando, "espiando" outros bolgs... Pero o mellor de todo é a conexión entre todos os traballos levados a cabo no noso cole.
5. Que é o que máis te te gusta do mundo 2.0?
Que é unha xanela aberta na que todas e todos temos cousas que aportar e aprender.
6. Como planificas contidos e temas para o blog?
A propia dinámica diaria do centro marca un pouco o guión. Tamén as cousas que vou "pescando" e parécenme interesantes.
7. Barallaches outros nomes para o blog antes de decidir o que ten?
Foi unha decisión de equipo, así que despois dunha chuvia de ideas quedamos con este.
8. Se lle pregunto á xente que te coñece ben, que me dirían sobre ti?
Mellor non lles preguntes!!!
9. Que fas no teu tempo libre?
Leo todo o que podo...
10. Qué consello darías ás personas sobre o mundo dos blogs?
Que é adictivo.
11. Tes vivido algún feito importante a través do blog?
Saber que hai xente que pasa por aquí e atopa algo divertido, interesante ou simplemente que goza coas actividades das súas fillas e fillos é de abondo.

1 comentario:

Dolores A. dijo...

Comunicación coas familias, conexión entre todos os traballos levados a cabo no voso colexio… Son obxectivos que xa están conseguidos. O mesmo que lograches facer o teu blog ameno, interesante e dinamizador da lingua galega e da biblioteca do centro. Unha aperta.