Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

26 de octubre de 2013

INAUGURANDO A BIBLIOTECA

Por fin!! Hoxe foi unha xornada moi especial xa que por fin inauguramos a biblioteca
Todos os grupos foron pasando pola biblioteca para recoller as carpetas (o alumando de 1º de primaria) e os carnets e chapas (o alumnado novo).


Tamén repasaron os recunchos e normas de funcionamento da biblioteca e puideron ver as novidades deste curso e levarse unha "lembranza moi doce" da visita. 

   

Foi tamén o día no que puidemos ver a exposición de murais elaborados polas familias sobre o lema deste curso, "Unha chea de lecturas de viaxe por Galicia" e tivemos unhas fantásticas sesións de contacontos.

No hay comentarios: