Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

8 de noviembre de 2013

LIBROS QUE VAN E VEÑEN

Dende as bibliotecas escolares contemplamos algunhas actividades para implicar ás familias na formación dos nenos e nenas como lectores. As mochilas viaxeiras ou as pequenas mochilas destinadas ao alumnado de infantil, e que serven para gardar o libro que collen en préstamo na biblioteca para levar á casa, son dous exemplos destes LIBROS QUE VAN E VEÑEN e que vinculan á biblioteca coa casa, espazos privilexiados para inciar aos máis pequenos na lectura.
E hoxe sairon na súa primeira viaxe....

No hay comentarios: