Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

1 de noviembre de 2013

MIGUELANXO PRADO, PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013

Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) foi galardonado co Premio Nacional de Cómic 2013 pola súa obra Ardalén, publicado en galego por El patio Editorial e en castelán por Norma.

O premio, concedido polo Ministerio de Cultura, ven recoñecer o labor deste ilustrador despois de tres anos de traballo a través da memoria. 
"Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios."
 

No hay comentarios: