Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

10 de diciembre de 2013

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.

Hoxe, 10 de Decembro, é o Día Internacional dos Dereitos Humanos e este ano non podemos facer outra cousa máis que lembrar a unha figura fundamental na loita polos dereitos humanos, Madiba, Nelson Mandela.
O seu discurso segue de plena actualidade e non podemos deixar de facernos eco das palabras, xa recollidas noutros blogs, as palabras de Mandela durante o xuízo que o condenou á cadea resulta providencial:

 Teño loitado contra a dominación branca e teño loitado contra a dominación negra. Soñei cun ideal de sociedade democrática na cal todas as persoas vivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal que me fai querer vivir para conquerilo, pero, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer.


Achegámosvos un documental no que podedes achegarvos á vida deste gran home.




E tamén queremos compartir con tdas e todos vos a homenaxe feita dende Bloguesesquio con música de Silvio Rodríguez.




Grazas tamén a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos) que ofreceu a imaxe que acompaña esta entrada.

No hay comentarios: