Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

16 de diciembre de 2013

O APALPADOR

Un ano máis, tentamos recuperar a figura máxica do Apalpador, ese vello barbudo que vive no Courel e baixa cada ano polo Nadal para deixarnos un puñado de castañas.
Se queres construir un móbil coma este, só tes que pasar pola biblioteca durante o recreo... e non esquezas os lápices de cores e unhas tixeiras.


Xa sabes que podes atopar moitos máis recursos e actividades na nosa páxina sobre o Apalpador. 
https://sites.google.com/site/traballamosoapalpador/


No hay comentarios: