Este é o blog de dinamización lingüística que facemos dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas, o colexio de Cesantes (Redondela).

28 de marzo de 2014

VISITA DE FINA CASALDERREY

Novo encontro con autoras. Desta volta foi o alumando do 1º e do 3º ciclo de Primaria o que puido gozar coa sempre estupenda visita de Fina Casalderrey, autora dos libros de lectura deste ano. 

Non é a primeira vez que Fina visita o noso centro, e unha vez máis engaiolou ao auditorio dende o primeiro momento...a grandes e pequenos. Ademáis, a autora concedeu unha entrevista ao alumando do 3º ciclo que pronto será emitida pola ondas.
Moitas grazas Fina e ata pronto.

No hay comentarios: