Este é o blog da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela).

23 de abril de 2014

PHOTOCALL DA SEMANA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o día do libro. Como non podía ser doutro xeito, temos unha serie de actividades organizadas ao longo desta semana da que xa vos iremos dando conta.
A primeira destas actividades é unha sesión de Photocall na biblitoeca. Polo de agora foi o alumnado do 1º ciclo quen posou diante da nosa cámara. Para ver as súas compañeiras e compañeiros terás que agardar, porque organizámonos por quendas...

Para ver as fotos, só tes que premer na imaxe de abaixo e agardar que o programa cargue.
Click to play this Smilebox slideshow

1 comentario:

Anónimo dijo...

Encàntanme!!!! Desexando ver màis!!!!! Biquiños